Resumo do Módulo I


octubre 11, 2017

RESUMO DO MÓDULO I

MARCO CONCEPTUAL


  O primeiro módulo consta de 3 temas:
1- Actualización do mercado laboral
2- Iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral
3- Actualización do mercado de referencia da orientación laboral


 ACTUALIZACIÓN DO MERCADO LABORAL



    O inicio deste tema foi a teoría clásica da oferta e a demanda de traballo, coa análise das solucións que aportan os modelos clásico e keynesiano. Na miña opinión, os indicadores de mercado segundo a EPA resultan moi relativos, porque unha persoa que traballou só unha hora durante a semana anterior é considerada como ocupada, quedando excluída dos servizos para desempregados/as Para min as persoas que traballan a tempo parcial, sobre todo no SAD, deberían ter outra consideración. O mesmo que as persoas inactivas, defendo que no SPE deberíamos ter unha clasificación para detectar estes casos e non malgastar recursos que poden aproveitar as persoas activas.
  Coñecer o mercado de traballo da zona é absolutamente imprescindible no desempeño da nosa labor orientadora, temos que contactar coa rede empresarial local para identificar os mellores xacementos de emprego. No relativo aos perfís profesionais, os observatorios realizan boas compilacións que eu utilizo como base, ainda que moitas non están ben actualizadas. Realmente tes ti que coñecer cada empresa da zona e os perfís que demandan, facendo unha prospección, para a cal hai pouco apoio.

 Por outra banda, na clasificación das ocupacións non aparecen todas recollidas nin de xeito adecuado, porque moitas veces hai ocupacións específicas que poderían ser englobadas dentro de outras; isto conleva que os demandantes de emprego non poidan rexistrarse nas ocupacións que desexan ( só nas máis parecidas )e nas ofertas figuran ocupacións con prefís que moitas veces non temos codificados, polo que a intermediación non é axeitada. Pero a grande asignatura pendente é a prospección empresarial.

 INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL


  Os orientadores das oficinas de emprego de Galicia derivamos aos demandantes que manifestan a sua intención de poñen en marcha un negocio á rede dos técnicos locais dos concellos onde residen para unha primeira toma de contacto.

 Outras entidades que brindan asesoramento nesta materia: IGAPE, Confederación de Empresarios, Cámara de Comercio, etc Para que unha posible idea de negocio sexa un éxito, nas suas primeiras fases debe organizar un plan de empresa.



  É necesario ter en conta as dificultades coas que se enfrentan os emprendedores á hora de levar á práctica a sua idea de negocio: exceso de trámites, falta de financiamento e de formación técnica etc. Non existen materias no sistema educativo español que fomenten o espíritu emprendedor. Como algo excepcional, a Consellería de Educación lanzou a iniciativa eduemprende, contando coa colaboración do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia: CEEI de Galicia, S.A.-Bic Galicia.



 O noso modelo productivo acarrea unha baixa calidade do emprego pese a que a nivel político constitúe unha prioridade estratéxica polo que se ten que traballar de cara a un cambio na educación para promover a motivación persoal cara ao emprendimento. Considero a economía social unha alternativa moi acertada sobre todo para as zonas rurais.

Vídeo sobre Economía social rural

ACTUALIZACIÓN DO MARCO DE REFERENCIA NA ORIENTACIÓN LABORAL


  O Servizo de Emprego Público Estatal ( SEPE ) a través da sua organización e estructura intenta desenvolver as suas competencias; prioriza “prestar especial atención á coordinación entre as políticas activas de emprego e as prestacións por desemprego”. Aínda queda moito por traballar neste senso, posto que hai xestións que o demandante ten que duplicar e incluso á hora de intervir tantos os orientadores como os centros asociados teñen limitacións así como no ácceso a todo tipo de informacións.

  O Servizo Público de Emprego de Galicia ( SPEG ) xestiona a execución das políticas activas de emprego na nosa comunidade autónoma; para iso utiliza a sua propia estructura e os centros colaboradores, sobre todo para tarefas de orientación laboral, porque a captación e tratamento das ofertas de traballo faise de xeito informal e de maneira limitada e indirecta, igual que as labores de intermediación.


 A Estratexia Europea de Emprego 2020 serve de instrumento de coordinación a nivel europeo; a nivel nacional úsanse o catálogo de servizos común e a estratexia española de emprego. Opino que nesta materia Galicia debería implicarse máis en moitos aspectos para conseguir os obxectivos previstos, especialmente no que se refire á eficacia nos servizos ás empresas, porque ten unha relación directa coa inserción efectiva dos traballadores desempregados


Para saber máis:
- EPA
- Instituto Galego das Cualificacións
- CNO
- Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia
- Confederación Empresarial Española de Economía Social



- Estratexia Europea de Emprego 2020




Creación de Empresas Marco conceptual Mercado Laboral













Comentarios

Entradas populares de este blog

ESTRATEGIAS DE ORIENTACIÓN

Resumen Marco conceptual